As súas Maxestades de Orientes recibiran a carta de PontevedraViva para que nos visitasen e eles déronlles a benvida. Os Reis Magos lembráronlles que hai que ser bos mozos durante todo o ano, porque ademais dos seus paxes e os seus poderes de magos, usan as novas tecnoloxías para saber como se portan. O seu mellor agasallo é cumprir os desexos dos nenos, pero ademais contáronnos un segredo: entre eles tamén se fan agasallos.
Como non podía ser doutra forma, nesta Playlist Melchor, Gaspar e Baltasar déixannos algúns dos seus gustos musicais. E resulta que as súas Maxestades son "setenteiros" nas súas preferencias.
Melchor elixiu o "Acalorado estoy" de Los Diablos e "En la fiesta de Blas" de Fórmula V. Gaspar debe andar un pouco canso no seu camelo porque nos pediu "La motocicleta" de Los Bravos e a Pink Floyd co seu "Another brick on the wall". A Baltasar gústanlle todos os estilos, así que lle eliximos a Barry White con "You're the first, the last, my everything" e o "Rivers of Babylon" dos Boney M.
Para terminar con esta playlist tan especial, desde PontevedraViva Radiopoñemos moita maxia a esta noite e a este programa.