O servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía retirou 128 de vespa velutina nun ano
Por Redacción
Unha das principais problemáticas medio ambientais que sofre Galicia en relación á invasión de especies foráneas nos nosos ecosistemas é a crecente presenza da vespa velutina, ou vespa asiática. Vilagarcía non foi un caso illado neste senso, xa que a presenza deste insecto foi notoria ao longo de todo o 2016.
Así o demostran as actuacións realizadas polo servizo municipal de Emerxencias que en doce meses procedeu á retirada de 128 niños de velutina. A cifra pon de manifesto a rápida expansión desta especie, posto que as intervencións realizadas o ano anterior reducíranse á cuarta parte.
Ata 2015 era a empresa pública Tragsa a que se encargaba da retirada dos niños de velutina, pero debido á rapidez coa que se estende a especie e a imposibilidade de atender todas as chamadas, a Xunta de Galicia optou por establecer un sistema de colaboración con determinados concellos.
Así o fixo con Vilagarcía a través do seu servizo municipal de Emerxencias e Protección Civil, ao que dotou de dous traxes especiais, de maior grosos que os tradicionais de apicultor, e a cuxos membros impartiu un curso de específico de formación para ensinarlle o xeito correcto de actuar á hora de retirar os niños.
A diferenza doutros concellos aos que si se lles proporcionaron xa, co que non conta aínda o servizo de Emerxencias é coas pértegas necesarias para chegar a aqueles niños situados en zonas de difícil acceso aos que non se pode achegar o suficiente o vehículo grúa.
Aínda que Emerxencias realizou intervencións durante os 12 meses do ano, o maior número de chamadas e de actuacións concentrouse nos meses de verán que é cando as vespas están plenamente activas e cando ocupan os niños e, curiosamente en outono, época na que a caída da folla das árbores deixa os niños ao descuberto. Neste época os niños soen estar xa baleiros posto que os insectos os abandonan para pasar os meses fríos invernando baixo terra. Por iso, as actuacións máis efectivas son as que se realizan en verán, xa que permite eliminar a todos os exemplares da colonia. Para elo, a retirada debe realizarse pola noite, cando todas as vespas están dentro do mesmo.
Segundo explican dende o servizo municipal de Emerxencias, o procedemento que se segue unha vez localizado o niño é introducir insecticida pola única boca de entrada que ten e selalo uns minutos para que o produto actúe. A operación repítese unha segunda vez para garantir que todas as vespas morren dentro.
A continuación, cortase o talo que o une á árbore ou a superficie á que estea fixado. O seguinte paso é introducir o niño enteiro nun arcón conxelador e deixalo tres ou catro días a efectos de conseguir que tamén morran as larvas ás que non lle afecta o insecticida. Transcorrido este período quéimase o niño.
A distribución xeográfica dos 128 niños retirados en 2016 por Emerxencias abrangue todo o mapa municipal, xa que se realizaron actuacións en tódalas parroquias. Aínda que foron maioritarias nas zonas do rural, tamén se eliminaron niños de velutina en barrios más céntricos como no Piñeiriño, A Lomba ou A Laxe. Precisamente nesta última zona retirouse a semana pasada un de 80 centímetros de diámetro, o de maiores dimensións deste ano. Os máis pequenos tiñan eran de tamaño similar a unha pelota de tenis. Nestes casos trátase de niños en fase primaria e soen aparecer en primavera cando as vespas espertan do letargo invernal e comezan a fabricar os niños.
ASASINAS DE ABELLAS
En contra da crenza popular, a vespa velutina non é máis velenosa que unha vespa autóctona. Esta crenza estendeuse debido a que nun primeiro momento da detección desta especia foránea en Galicia, os apicultores comezaron a denominalas como "vespas asasinas" polo feito de que matan as abellas e as utilizaban como alimento para as súas larvas.
A característica principal que diferenza á vespa velutina ou asiática da común é o seu tamaño, xa que son moito máis grandes. A picadura é igual de velenosa, coa diferenza de que causa máis dor e inchazón ca unha vespa autóctona. Os maiores riscos son nos casos de picaduras múltiples ou en persoas alérxicas á picadura de vespas.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha raíña e doce machos que conseguiron invadir Europa
Por Marisa Ciordia |
-
Vilaboa, Moraña, Vilagarcía e O Grove 'ármanse' contra a vespa velutina
Por Redacción |
-
80 niños de avespas asiáticas, eliminados en Cambados nos últimos cinco meses
Por Redacción |
-
A avespa velutina aséntase en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cuntis retirou máis de medio cento de niños de avespas asiáticas
Por Redacción |