Nova oportunidade para facerse mestre composteiro
Por Oskar Viéitez
A día de hoxe están a funcionar na provincia 48 centros de compostaxe comunitaria a través do Plan Revitaliza, no que a maioría dos concellos adscritos están a pedir a ampliación destes servizos. Para o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, a "mellor noticia" é que o programa avanza "sen incidencias".
Para garantir que este proxecto de implantación da compostaxe póidase seguir xestionando ben a próxima semana convocarase un novo curso de formación de mestres composteiros. O primeiro paso será seleccionar as 20 mellores notas entre todos os candidatos que desexen optar ao curso de formación que ten recoñecemento universitario. Rematado o curso os 15 mellores serán contratados en prácticas durante un ano (1.400 euros ao mes), para completar o proceso de formación.
Por outra banda os 18 mestres composteiros que están agora terminan xa as súas prácticas polo que a Deputación ten previsto convocar unha oposición aberta para optar a 6 contratos coa categoría A2 e outros 12 contratos coa categoría C1. Obviamente a esta oposición poderanse presentar os mestres composteiros e todo aquel cidadán que o desexe xa que serán unhas "probas tipo test obxectivas".
Mosquera explicou que os contratos serán por un período de catro anos coa categoría de interinos.
En todo caso, o vicepresidente provincial puntualizou que os actuais mestres composteiros "dificilmente van a ter problemas de inserción laboral" xa que están a ter ofertas de traballo de Cataluña, Madrid, Navarra, Euskadi, Granada ou Córdoba, entre outras localidades que se interesaron polos seus servizos.
Relacionadas:
-
Preséntanse 14 candidatos para cada unha das prazas de mestre composteiro
Por Redacción |
-
222 aspirantes a mestres composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
Xa te podes inscribir para ser mestre composteiro
Por Oskar Viéitez |
-
Verduras, hortalizas, herbas aromáticas... a horta de Príncipe Felipe revitalízase coa compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
A Brilat súmase á compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O compost de Monte Porreiro usarase na horta ecolóxica do barrio cuxa colleita será para o Banco de Alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación completa a primeira fase do Plan Compost Revitaliza "con gran éxito"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Monte Porreiro empeza a 'compostar'
Por Redacción |