Ao insti, en bici e seguros
Por Redacción
O programa formativo da asociación Pedaladas chegou este mércores ao instituto Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Un monitor do colectivo, Quique Pérez, e o axente da Policía Local Jorge Alvarez impartiron a primeira xornada do curso Ao INSTIenBICI, que busca salientar a importancia da formación para reducir o numero de falecidos nas estradas.
O curso é a terceira acción da programación da iniciativa 'Cero Violencia Viaria: Obxectivo cero mortos' que está a realizar Pedaladas este mes de xaneiro, despois de que xa fixeran un chamamento aos ciclistas para que saian á rúa coa súa cámara e faciliten as imaxes das condutas perigosas e visitaran o barrio de Mollabao.
Segundo explica o colectivo, con este curso queren dotar aos rapaces das competencias para facer un uso seguro e responsable da bicicleta, pero tamén crear futuros condutores de automóbil máis empáticos e respectuosos coas normas cun ensino baseado en valores de convivencia.
Entre outras cuestións, explicáronlles aos alumnos que para circular dentro de cidade e na zona 30 as bicicletas deben ir próximas ao centro do carril para previr adiantamentos perigosos e a apertura de portas e que nos espazos de plataforma única a prioridade é, por esta orde: peóns, ciclistas e coches.
O uso obrigatorio do casco nos menores de 16 anos en todo caso e en vías interurbanas para os maiores desa idade, o perigo de usar os pasos de peóns como ciclistas, a prohibición de usar o teléfono, auriculares e estar baixo a influencia de alcohol e drogas e os elementos obrigatorios da bicicleta (freos en ambas rodas, luces dianteira e traseira, o timbre, o catadióptrico traseiro e o chaleco pola noite en vías interurbanas) completan os contidos do curso.
O curso está dividido en catro xornadas, de modo que aínda hai pendentes outras tres que se realizarán durante o mes de febreiro para dar ao alumnado do instituto competencias básicas no uso da bicicleta, competencias e estratexias seguras na calzada e, para rematar, aportarlle experiencia na rúa con tráfico real a través dunha saída acompañados da Policía Local.
Relacionadas:
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
O PP critica que a Mesa pola Bicicleta leve dende agosto sen reunirse
Por Oskar Viéitez |
-
Cuadriplícanse as sancións a ciclistas en catro anos: 183 en 2016
Por Redacción |
-
Estas oito condutas ao volante puxeron en perigo a ciclistas e xa foron denunciadas
Por Natalia Puga |
-
As infraestruturas non son neutras nos sinistros viarios
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Vas ao volante, precédeche un ciclista e hai liña contínua: adiantas?
Por Marisa Ciordia |
-
Mollabao séntese un "barrio marxinal e degradado" e reclama "a calidade urbana" do resto de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pedaladas pide que a estrada vella de Marín teña sentido único para coches e dobre sentido para ciclistas
Por Redacción |
-
Plataforma única ata a avenida de Lugo, entre as peticións de Pedaladas ao Rei Mago Miguel Anxo
Por Alejandro Espiño |
-
Búscanse activistas contra a violencia viaria
Por Redacción |