A marea branca volverá a Pontevedra o sábado 21 coa mirada posta no colapso de Urxencias
Por Redacción
A marea branca contra a privatización da sanidade pública volve á rúa este mes "con máis motivos se cabe", ante os colapsos que se están a producir nos servizos de Urxencias dos hospitais galegos. No resto de cidades nas que se organizá será esta semana, pero en Pontevedra a súa protesta terá lugar o sábado 21 de xaneiro na praza da Ferrería.
Os convocantes desta marea cidadá denuncian que nos hospitais públicos se está a producir unha situación de colapso "por culpa dunha xestión nefasta" ante a previsible situación de gripe que cada ano se produce por estas datas. "Os responsables aos que nin sequera lles preocupa esta situación, dada a súa actitude, non se cortan en botarlle a culpa ao repunte da gripe", critican.
Ao respecto, aseguran que os colapsos que eles denuncian mes tras mes débense á falta de persoal e de medios materiais e ao peche de plantas dos hospitais e aseguran que a situación responde ao obxectivo duns xestores sanitarios aos que ven como "destrutores da sanidade pública" e responsables de poñela ao servizo das multinacionais privadas do sector.
Ademais, denuncian que a atención primaria está a ser "desmantelada sistematicamente" cunha situación de "escaseza de persoal cada vez maior", cuns ratios médico/paciente cada vez maiores, e todo a costa de favorecer os intereses das empresas privadas do sector e gastar os orzamentos en aparellos tecnolóxicos de dubidosa rendibilidade. Como exemplo desta última acusación, falan do proxecto dun GPS para que os pacientes non se perdan nos hospitais ao mesmo tempo que falta persoal para atender dignamente á cidadanía.
Relacionadas:
-
A Marea Branca volve á Peregrina en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras solicita a dimisión do xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade rexeita falar de colapso en Urxencias mentres o persoal o atribúe á "nefasta xestión"
Por Natalia Puga |
-
Urxencias de Montecelo ten unha situación "estable" despois de días de colapso
Por Natalia Puga |
-
CIG-Saúde sospeita que a saturación das urxencias pode ser "interesada" para favorecer a sanidade privada
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas preguntan no Parlamento de Galicia polo colapso en urxencias de Montecelo
Por Redacción |
-
Os sindicatos médicos culpan á Xunta da "saturación" das Urxencias con atrasos "de máis de 8 horas"
Por Oskar Viéitez |
-
Segundo día de colapso en Urxencias de Montecelo
Por Natalia Puga |