O Concello cede dúas parcelas a Juan XXIII para construír a súa futura residencia
Por Alejandro Espiño
Tras unha longa tramitación administrativa, o Concello de Pontevedra pechou a cesión de dúas parcelas á asociación Juan XXIII para a construción da súa futura residencia, que incluirá tamén un centro de día.
Estas instalacións ocuparán estas dúas parcelas que, no seu conxunto, teñen máis de 3.000 metros cadrados de superficie.
A asociación, unha vez inscriba estes terreos ao seu nome e os agrupe nunha única parcela, poderá iniciar a tramitación do seu proxecto e solicitar a licenza correspondente.
Juan XXIII ten previsto construír un novo centro residencial permanente para persoas con discapacidade intelectual que terá 23 prazas de residentes e 21 prazas como centro de día.
Esta residencia engadirase aos equipamentos actuais da asociación: o centro de día e centro ocupacional con obradoiros de xardinería, automoción, de fregonas, encadernación e artesanía.
Relacionadas:
-
Juan XXIII solicita licenza para construír o seu novo centro ocupacional
Por Alejandro Espiño |
-
Juan XXIII prevé rematar a construción da súa residencia en dous anos
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello cede por 75 anos ao Xoán XXIII 4.600 metros cadrados de terreo
Por Oskar Viéitez |
-
Usuarios do Juan XXIII piden ao alcalde máis accesibilidade para persoas con discapacidade cognitiva
Por Alejandro Espiño |
-
A Asociación Juan XXIII amósase en imaxes na Casa da Luz
Por Redacción |
-
1,4 millóns para a atención a persoas con discapacidade en centros de Juan XXIII
Por Redacción |