O PP denuncia o abandono do contorno de Pasarón seis meses despois da súa inauguración
Por Alejandro Espiño
Seis meses despois da inauguración oficial do novo estadio de fútbol de Pasarón co partido entre España e Arabía Saudí os traballos de urbanización do seu contorno seguen sen realizarse. ÿ a denuncia pública que fai o Partido Popular. Di o seu voceiro, Jacobo Moreira, que é "una muestra más de la desidia del gobierno que preside Miguel Fernández Lores" y una "falta de respeto" a los vecinos del barrio de O Burgo.
O PP quere que o Concello execute "de una vez por todas" os traballos de acondicionamento definitivos deste espazo e lembra que xa hai máis de seis anos e medio que se declarou a urxente ocupación dos terreos e inmobles necesarios para a súa urbanización. Desde entón, denunciou que só se fixo unha actuación provisional, "improvisada" ante a inminencia do partido inaugural. "Foi un parche no que se gastaron 20.000 euros e xa non se fixo nada máis".
Neste sentido, Moreira lembrou que a parcela é de titularidade municipal dende hai anos e o proxecto de acondicionamento da zona, que non forma parte da reforma de Pasarón, está redactado dende 2005 e valorado en 298.000 euros, aínda que transcorridos máis de sete anos haberá que revisar os prezos e adecuar o traballo á superficie final. "Y nos tememos que habrá que esperar otros seis años más para que hagan algo".
O grupo municipal popular considera evidente que se o presidente da Deputación, Rafael Louzán, non tivera xestionado o encontro de fútbol, "ni siquiera estaría hecho este parche, a pesar de que la legislación en materia de seguridad en espectáculos deportivos obliga a adecuar el espacio exterior del recinto", añadió Jacobo Moreira.
Ademais, apuntou que o Concello, con motivo das obras provisionais, dixo que o campo ía estar accesible para o partido e que, una vez celebrado o encontro, levaríase a cabo a humanización do espazo e procederíase á creación dunha zona axardinada. "Pues bien, pasaron ya seis meses y el gobierno de Fernández Lores ya se olvidó de la humanización, de los vecinos y otra vez más incumple con su palabra", sentenciou o concelleiro popular.