222 aspirantes a mestres composteiros
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra vén de recibir 222 solicitudes para participar no proceso de selección da segunda convocatoria das bolsas para mestres composteiros que puxo en marcha a institución ao abeiro do Plan Revitaliza.
Faltan aínda por contabilizar algunhas inscricións enviadas por correo certificado e aquelas que se presentaron noutras administracións a través do portelo único, que aínda non chegaron ao organismo provincial.
O departamento de Recursos Humanos da Deputación está xa revisando toda a documentación presentada polos aspirantes e, ata o de agora, a porcentaxe de excluídos é moi baixa. Prevese que a lista de admitidos estea publicada como moi tarde o vindeiro luns.
A partires de aí seguirase coa tramitación administrativa correspondente e, no caso de haber algún tipo de reclamación, daráselle resposta. A intención é que a proba eliminatoria, un exame tipo test de 100 preguntas, se realice entre finais de febreiro e primeiros de marzo nas instalacións de Príncipe Felipe, como se fixera na primeira convocatoria. A data definitiva comunicarase oficialmente nos vindeiros días.
Relacionadas:
-
A segunda promoción de mestres composteiros inicia a súa formación
Por Redacción |
-
Arranca un novo curso da "Facultade da Compostaxe"
Por Oskar Viéitez |
-
Se queres optar ás oposicións á Deputación, segue lendo
Por Redacción |
-
Preséntanse 14 candidatos para cada unha das prazas de mestre composteiro
Por Redacción |
-
Xa te podes inscribir para ser mestre composteiro
Por Oskar Viéitez |
-
Nova oportunidade para facerse mestre composteiro
Por Oskar Viéitez |