A campaña electoral adianta a tempada de caza
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da Dirección Xeral de Conservación dá Natureza pola que se modifica o periodo hábil para exercer a caza, que se adianta ao día 14 de outubro, mantendo a súa duración ata o 6 de xaneiro de 2013, ambos inclusive.
Así que o domingo, xa poden saír ao monte a pegar tiros, se teñen licenza claro.
A favorable climatoloxía rexistrada na pasada primavera e verán propiciou un adianto no inicio da época reproductora das especies cinegéticas polo que se decidiu permitir a actividade unha semana antes, apunta a Xunta nunha nota.
Con este adianto evítase que o primeiro día de caza coincida en xornada electoral facilitando así o labor das forzas de seguridade, pois permitirá conxugar a vixilancia e o correcto desenvolvemento dos comicios co apoio especial que sempre se presta no primeiro día da tempada de caza, especialmente pola Garda Civil.