En Marea reclamará información sobre as obras da autovía A-57
Por Oskar Viéitez
En Marea comprometeuse coa plataforma Salvemos A Fracha a solicitar información sobre o proxecto de construción da A57 que iniciou as súas obras no municipio de Pontevedra "xa que existen estudos e propostas que falan dunha vía de alta capacidade que percorrería o eixo atlántico, paralela á AP9".
O colectivo mantivo unha xuntanza co portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, o viceportavoz Antón Sánchez e o deputado Marcos Cal, para coñecer de primeira man a situación e a información da veciñanza.
Para En Marea, de se confirmar a intención de Fomento de levar a cabo esta infraestrutura, "estaríamos falando unha obra ruinosa económica e medio ambientalmente que non se pode consentir" como subliñou o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Marcos Cal.
O grupo parlamentario levará á Cámara galega o debate sobre a idoneidade de facer en Galicia outra vía de alta capacidade. Para En Marea é "inxustificable" en termos de defensa da mobilidade segura e sustentable e da "racionalidade" no gasto. "O que si é preciso en cambio é recuperar a AP9 e apostar decididamente por desenvolver o transporte público, preferentemente o ferrocarril", apuntaron.
Desde a plataforma, as portavoces Bibiana Piñeiro e Blanca Barrio denunciaron a falla de información sobre o proxecto por parte do Ministerio de Fomento e a falla de sensibilidade amosada coa veciñanza afectada xa que despois de dous anos, continúan sen poderse reunir cos responsables do proxecto do Goberno estatal do PP e os responsables municipais do BNG do Concello de Pontevedra.
Unhas obras que, recordaron, están xa a prexudicar á veciñanza que sofren explosións case diarias, tránsito de camións e teñen que presenciar a destrución do entorno natural.
Relacionadas:
-
En Marea defenderá no Congreso e o Parlamento que os fondos da A-57 se destinen a liberalizar a AP-9
Por Redacción |
-
Os desmontes das obras da A-57, causa de desprendementos de terra no río Gafos
Por Redacción |
-
En Marea acusa o Goberno de "intentar vender" a A-57 como unha "sucesión de circunvalacións"
Por Alejandro Espiño |
-
En Marea rexeita a A-57 porque duplicará á AP-9 e beneficia ás construtoras "que aparecen nos papeis de Bárcenas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Fomento garante que a A-57 chegará ata Curro
Por Alejandro Espiño |
-
Preocupación entre os veciños de Bora pola autovía A-57
Por Oskar Viéitez |