Unha "Supernanny" respectuosa en Pontevedra
Pontevedra conta cun servizo novo para as "familias en apuros", grazas a Ana Couto, unha pedagoga que tamén é coach, educativo e familiar.
Desde o seu despacho na céntrica Praza de Curros Enríquez de Pontevedra, Ana Couto está especializada en axudar ás familias nos conflitos cos seus fillos. Como a ela gústalle dicir, o seu traballo é "como a Supernanny, pero con máis respecto cara aos nenos."
Ana Couto matiza que os métodos que se utilizaban no programa eran parte do espectáculo televisivo, pero dubida de que tivesen resultados a longo prazo. "O que eu fago consegue bos resultados, sen necesidade de que os nenos o pasen mal, e son cambios que se manteñen no tempo", comenta.
A súa formación no campo dos recursos humanos e a intelixencia emocional deulle a coñecer ferramentas de resolución de conflitos e de motivación que os directivos poñen en práctica cos seus empregados. "Cando fun nai (ten 3 fillos) deime conta que esas mesmas técnicas son perfectamente válidas para negociar e motivar aos meus fillos. Outras mamás preguntábanme como facía para non angustiarme con 3 se a elas custáballes xestionarse cun. Por iso decidinme a orientar a miña profesión e dedicarme a axudar a esas familias que sofren polos conflitos cos seus fillos."
Esta pedagoga defende que non existen malas nais nin malos pais, tan só necesitan formas diferentes de enfrontar a situación. "A maior parte das veces as familias só necesitan unha breve orientación para un pequeno conflito concreto". Noutras ocasións, "con comprender que lle ocorre ao neno, xa poden dar unha resposta máis axeitada e acóugase a situación". O que tenta mostrarnos é que "se pode gozar coidando aos nosos fillos e non é necesario pelexarse para conseguir colaboración."
E que ocorre con aqueles casos que parecen imposibles? Mesmo cando se probou de todo e dan ganas de tirar a toalla, tamén hai unha posibilidade. Na súa consulta viu como moitos pais descobren que, unhas sinxelas pautas ou un pequeno cambio de enfoque, melloran notablemente a relación cos fillos.
Ademais, tamén ofrece os servizos máis tradicionais asociados a unha pedagoga: axuda escolar. En concreto, o seu Programa de Mellora do Rendemento Escolar garante un incremento significativo nos resultados académicos. O éxito débese a que é unha atención individualizada na que, a partir da teoría das técnicas de estudo, elabórase un programa adaptado ás fortalezas e os puntos débiles de cada estudante.
En definitiva, Ana Couto ofrece unha solución para calquera cuestión relacionada coa educación, en calquera dos seus ámbitos e a calquera idade.
Ana Couto atende na súa consulta da Praza de Curros Enríquez, 1, Oficina 307, de Pontevedra e a través do teléfono: 669 808 400. Tamén está dispoñible na súa web, www.anacoutocoaching.com, onde publica tamén un blogue con artigos de interese para que pais e nais poidan gozar cos seus fillos.