O Bloque pedirá á Xunta o soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez
O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha proposición non de lei no Parlamento galego na que insta ao goberno da Xunta a asinar un novo convenio entre a Consellaría de Industria, Gas Natural Fenosa e Concello de Pontevedra para financiar as obras correspondentes ás instalacións eléctricas pendentes do soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro, valoradas en 1,1 millóns de euros.
O BNG lembra que en decembro de 2007 asinouse un convenio para levar a cabo estes traballos, pero a día de hoxe segue sen estar rematado o proxecto de soterramento da liña eléctrica que atravesa o barrio de Monte Porreiro.
Esta situación, segundo os nacionalistas, ademais de supoñer o "dispendio de recursos públicos xa investidos", supón o "incumprimento dun compromiso adquirido" polas administracións para darlle solución a unha das "demandas históricas do barrio".
Para dar remate ás obras xa iniciadas e "financiadas integramente polo Concello", o grupo parlamentario do BNG presenta esta iniciativa.
Relacionadas:
-
Bará pide á Xunta que obrigue a Fenosa a soterrar a liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O BNG preguntará á Xunta polo soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A liña de alta tensión de Monte Porreiro estará soterrada en 2018
Por Redacción |
-
A Xunta devolve ao tellado do Concello o atraso no soterramento da alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Cores Tourís asegura que o Concello "discrimina" aos veciños de Monte Porreiro por non soterrar a liña de alta tensión
Por Oskar Viéitez |
-
Protestan contra Xunta e Concello pola alta tensión
Por Oskar Viéitez |