Jorge Canda dá exemplo para promover a doazón de sangue
Por Redacción
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estacionada xunto ao centro de saúde da Lama recibiu este xoves unha visita con fins divulgativos, a do alcalde, Jorge Canda. O rexedor doou sangue co obxectivo de animar aos seus veciños para seguir co exemplo e unirse a un solidario que pode contribuír a salvar vidas.
"Un simple feito, que che leva un cuarto de hora, podar servir para que moita xente poda seguir vivindo", sinalou Canda, que lembrou as estatísticas que falan de que cada día en Galicia necesítanse 500 doazóns e "é unha obriga cidadá e humanitaria colaborar con esta iniciativa".
O alcalde lembrou aquela campaña publicitaria que rezaba "Hoxe por ti, mañá..." mentres doaba na unidade móbil, que estivo na Lama este xoves para favorecer a recollida de sangue dos doantes desta localidade.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o bo tempo favoreceu que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue puxese a proba a solidariedade dos lamenses a través da repartición de folletos informativos e atendendo aos veciños que se achegaban ao autobús.