Mariñeiros, moito ollo! Hai unha nova baliza na Ría
Por Redacción
Unha nova baliza pódese divisar en plena Ría de Pontevedra. Trátase dunha aboia que sinalizará a partir de agora o emisario submarino, instalación pola cal se devolve ao mar a auga tratada na EDAR de Praceres.
Os barcos que suquen a ría atoparanse con este balizamento nas inmediacións da illa de Tambo.
A baliza consta dunha aboia de cor amarela cun aspa no seu parte superior. Está dotada dun sinal luminoso e dispón dun reflector pasivo para que sexa visible polos barcos que naveguen polo interior da ría pontevedresa.
Deste xeito, e seguindo a resolución de Portos do Estado dáse cumprimento á lexislación vixente en materia de sinalización marítima.
A boia foi instalada pola empresa Viaqua.