O PP de Sanxenxo critica o goberno local por "incumprir" o compromiso electoral de reducir os seus soldos
Por Redacción
O custo do goberno municipal de Sanxenxo motivou as críticas da agrupación local do Partido Popular, ao entender que o alcalde, Gonzalo Pita, "incumplió uno de sus principales compromisos electorales, reducir sus sueldos como mínimo un 30%".
Así o denunciou en rolda de prensa a concelleira popular Silvia Freire, asegurando que SAL, agrupación política do alcalde, defendía esa redución e o pacto cuadripartito "entre el 20 y el 30%".
En lugar diso, segundo Freire, aprobáronse nove dedicacións, catro exclusivas e cinco parciais, que suman 243.000 euros, o que supón unha redución de "sólo el 3%" con respecto ao anterior goberno municipal comandado polo PP "que costaba 251.000 euros".
"Esto no incluye además el coste del personal de confianza", denunciou a edil, que supón outros 47.000 euros máis.
Silvia Freire, para quen os resultados do goberno local "son escasos", asegurou tamén que en caso de recuperar no futuro a alcaldía a súa formación política "reducirá un 40% el coste de su gobierno".
O CONCELLO TRASLADA DATOS DIFERENTES
Con todo, desde o actual goberno trasladan uns datos ben diferentes. O Concello asegura que, hoxe en día, o custo do executivo local ascende a 268.770 euros, fronte aos 346.312 do último goberno do PP. É dicir, cifran a redución nun 22,39%. Nesta cantidade inclúen o persoal enventual de confianza.
Se se computan os gastos que, todos estes salarios, supoñen en Seguridade Social, o custo do goberno chega ata os 362.840 euros fronte aos 467.521 euros do executivo popular.
Relacionadas:
-
Os gastos de representación e de protocolo do goberno local de Sanxenxo serán amosados na web
Por Redacción |
-
Telmo Martín esixe ás administracións "que se poñan as pilas" coa estrada de Dorrón
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín recomenda ao tripartito de Sanxenxo "que fagan exame de conciencia e se poñan a traballar"
Por Oskar Viéitez |