A Xunta e o Concello quedan para falar do financiamento da estación intermodal
Por Oskar Viéitez
Para o vindeiro luns día 27 de febreiro na delegación da Xunta en Campolongo está convocada unha reunión entre o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera para abordar o financiamento do proxecto de estación intermodal.
Fernández Lores mostrou a súa "satisfacción" pola presenza neste encontro do número dous do goberno galego, porque "demostra que hai interese por este tema".
"Parece ser que están en bo camiño" todas as propostas que fixo o Concello para mellorar o proxecto, dixo o alcalde en referencia á unión da estación de buses coa avenida Josefina Arruti a través dun ramal, ou a creación dun gran espazo con aparcadoiro para dar servizo entre as dúas estacións "evitando que sexa un almacén de coches".
Segundo avanzou Mosquera nunha recente entrevista co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González doelRío, estudouse como "viable" a posibilidade de destinar os 600.000 euros que "sobraron" das obras de desdobramento da Avenida de Vigo póidanse destinar a este proxecto de acceso á propia estación de Josefina Arruti "é unha maneira de rematar ese proxecto que valoraron positivamente".
"A nosostros interésanos esa obra porque supón mellorar os tráficos peonís e por tanto imos colaborar en todo o que podamos", afirmou o alcalde de Pontevedra. O goberno local mostrouse aberto a asinar un convenio para cofinanciar esta importante obra incluíndo ese diñeiro sobrante por parte de Fomento.
De cara ao futuro o goberno local manexa a idea de deixar a rúa Otero Pedrayo cunha única dirección.
Relacionadas:
-
A estación intermodal 'despega' ao aceptar o Concello o convenio coa Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
A entrada á estación por Josefina Arruti eleva a catro millóns o custo da intermodal
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda destaca que "nunca se deu" un compromiso investidor "tan grande" da Xunta en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta acepta trasladar a Josefina Arruti o acceso dos autobuses á futura estación intermodal
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta estudará a proposta do Concello de cambiar a entrada da estación de autobuses a Josefina Arruti
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Non me gustan as toupeiras", di Lores ante o posible túnel para unir as estacións de tren e autobuses
Por Alejandro Espiño |