Os escolares disfrázanse para amosar o mundo que queren
Por Redacción
Os escolares do CEIP Carballal celebraron a festa de Entroido utilizando disfraces relacionados co proxecto didáctico integrado da biblioteca do centro baixo o título 'O cole e o mundo que queremos', aproveitando que servirá para a realización do traballo que presentarán para o Salón do Libro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Estes estudantes ofreceron un desfile para mostrar os disfraces que foron desde os sinais de tráfico e semáforos ata coleccións de froitas e hortalizas. O final da festa contou coa degustación de doces elaborados polas familias dos menores.
CEIP DE PONTE SAMPAIO
Tamén o CEIP de Ponte Sampaio celebraba entre alumnado, profesorado e familias de escolares o entroido no patio do centro escolar. Alí, os estudantes de Educación Infantil representaron a corrida do Galo, para a continuación levar a cabo o xuízo e testamento do meco "Don Inocencio".
Finalizaron tamén a sesión co baile e degustación de sobremesas preparadas polos pais e as nais dos pequenos.
Relacionadas:
-
O alumnado de Ponte Sampaio aprende ao ritmo da eco-percusión
Por Redacción |
-
Os de sexto do colexio Carballal presentan un proxecto de seguridade viaria
Por Redacción |
-
Os estudantes de quinto curso do CEIP Carballal reciben unha visita 'moi peluda'
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
VIDEO.- O campamento de mozos piratas dá o canonazo de saída
Por Antía Fernández Buján |
-
E o premio do gran desfile de Entroido de Marín foi para....
Por Diego Torrado |