VÍDEO.- A primeira eliminatoria de Murgas "embucha" de público o auditorio do Pazo da Cultura
Por Diego Torrado
A media tarde xa había público facendo cola nas portas do auditorio do Pazo da Cultura para asistir a unha das citas máis esperadas do Entroido pontevedrés, o concurso de murgas, que este ano chega á súa vixésimo sexta edición. As máis de 700 butacas volveron quedar escasas para un espectáculo que conta con miles de seguidores.
Este luns celebrábase a primeira eliminatoria coa participación das agrupacións Os de Noalla, Os do Val do Lérez, Murga Feminina de Pontevedra As Pitonisas e Murga PTV, que divertiron ao público con humor irreverente e críticas a personaxes tan relevantes como o presidente norteamericano Donald Trump, o presidente do Goberno español Mariano Rajoy, os líderes de Podemos ou o falecido Fidel Castro.
Pero tamén houbo críticas ás autoridades máis próximas. O alcalde Fernández Lores volveu converterse en referente coa súa peonalización e os "lombos" implantados na cidade e o rexedor de Vigo, Abel Caballero, tivo tamén o seu protagonismo nas coplas dalgunha das murgas.
A segunda eliminatoria celebrarase o mércores tamén a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura coa participación de Equipo Ja, Leña Verde, Murgaa do Naveiro: Parking Disuasorio World Tour e Marajota e Media. Os clasificados nestas dúas eliminatorias disputarán a final o xoves 2 de marzo no mesmo escenario. Todas estas actuacións poderán escoitarse en PontevedraViva Radio.
Na noite deste martes celebrarase, a partir das 22.00 horas, a Noite Pirata polo centro histórico co desembarco da tripulación do Burla Negra en memoria do pirata pontevedrés Benito Soto. Nove comparsas encargaranse de animar as rúas.
Relacionadas:
-
RADIO.- PontevedraViva Radio emite ao completo a final do Concurso de Murgas de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- Os do Val do Lérez gañan o Certame de Murgas 2017
Por Diego Torrado |
-
RADIO.- Escoita a retranca pontevedresa, meca e vilagarciá na II eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas
Por Marisa Ciordia |
-
O humor máis irreverente, preparado para a celebración da gran final do Certame de Murgas
Por Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Benito Soto e os seus piratas abordan a noite pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
RADIO.- Perdiches as murgas? Escoita a primeira eliminatoria ao completo
Por Marisa Ciordia |
-
O Ravachol presenta o seu disfrace este luns antes do inicio da primeira eliminatoria das Murgas
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist das murgas pon banda sonora ao Entroido pontevedrés
Por |
-
A murga PTV con Manuel Cabada á fronte invita a gozar do Entroido desde A Ferrería
Por Diego Torrado |