Pontevedra, en vermello e azul polas enfermidades raras
Por Redacción
Baixo o lema A investigación é a nosa esperanza, celebrouse en toda España este 28 de febreiro o Día Mundial das Enfermidades Raras. Numerosos actos simbólicos sucedéronse por todo o país para dar visibilidade a esta causa e Pontevedra non foi unha excepción.
A fachada da vella casa consistorial da Praza de España iluminouse onte á noite coas cores vermello e azul para colaborar co labor de sensibilización social cara a estas enfermidades.
A iniciativa busca tamén reclamar un maior investimento en investigación para tratar de combater estas doenzas.
A Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) calcula que, actualmente, unhas tres millóns de persoas do noso país -unhas 200.000 en Galicia- atópanse afectadas por algún tipo de patoloxía de baixa prevalencia.
Ese o nome que reciben de forma xenérica as enfermidades que sofren menos de 1 de cada 2.000 cidadáns.