A escola infantil do campus é un 'circo' por entroido
Por Redacción
A escola infantil do campus de Pontevedra converteuse este xoves nun circo moi especial, no que participaron alumnos e profesores.
Coa colaboración dos pais e nais, os nenos acudiron á escola disfrazados de pallasos, trapecistas, leóns ou magos coa intención de gozar dunha divertida xornada coas súas profesoras exercendo de directoras do particular circo.
"Este ano toda a nosa decoración xira ao redor do circo, temos a aula dos malabaristas, o dos magos...", explicou a directora en funcións, Elena Ortigueira.
O do xoves foi o acto central dunha semana de temática de entroido. O luns os pequenos puideron degustar filloas, e este venres teñen previsto disfrazarse de loito debido ao velorio do loro Ravachol.