O Concello prorrogará por novena vez o contrato das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular esixe a comparecencia pública da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, "para que ofrezca de forma clara explicaciones sobre lo que está ocurriendo con el nuevo concurso para la gestión del Complejo Deportivo de las piscinas de Campolongo".
O concelleiro popular, César Abal, desvelou este martes a novena prórroga irregular xa que "no existe tiempo material para poder desarrollar todo el proceso necesario para adjudicar un nuevo contrato". Así, o edil popular lembrou que o Partido Popular tendeu a man ao goberno do BNG ofrecendo unha serie de suxestións que non foron atendidas.
O voceiro do goberno municipal Raimundo González, admitiu que "forzosamente haberá unha prórroga" deste contrato das piscinas de Campolongo "porque mudou a normativa" o que obriga a refacer boa parte do procedemento
César Abal lamentou que "una vez más el BNG ha hecho perder otro año más a los usuarios y trabajadores del complejo deportivo" e acusou ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e ao seu goberno de ser "incapaces de tener hechos los deberes en tiempo y forma", facendo referencia tamén ás outras dúas prórrogas anunciadas nos últimos días: o contrato sobre o servizo de abastecemento de auga e o contrato sobre a recollida de lixo e limpeza viaria.
CRÍTICAS DE CIDADÁNS
O grupo municipal de Cidadáns en Pontevedra tamén lamenta que as concesións máis importantes para o Concello de Pontevedra como son a da auga e o lixo prorrogáronse sen negociar melloras no servizo que beneficien aos veciños da cidade.
A este respecto, a concelleira de Cidadáns María Rey destacou que "si el grupo de gobierno no es capaz de realizar su trabajo y gestionar los contratos municipales a tiempo, nos ofrecemos a crear una comisión de seguimiento de los mismos que vele por el seguimiento y análisis de los pliegos de condiciones, así como del cumplimiento de las condiciones y los plazos de los contratos en vigor".
"Entre todos y todas, podremos lograr que el gobierno municipal pueda hacer su trabajo como es debido", engadiu.
Relacionadas:
-
"Hemos sido estafados", denuncia o PP tras a nova prórroga á concesionaria das piscinas de Campolongo
Por Diego Espiño |
-
O Concello confía en que a reforma das piscinas de Campolongo estea lista no 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Piden solucións de emerxencia ante os 35 graos e 90% de humidade das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
O PP di que o 2016 foi "o peor ano económico para Pontevedra dos últimos 17"
Por Oskar Viéitez |
-
O plan de viabilidade para as piscinas de Campolongo contempla 3,8 millóns de euros para a súa reforma
Por Redacción |
-
Nova prórroga para a concesión das piscinas de Campolongo
Por Redacción |