Reclaman solucións para mellorar o estado actual da praia da Carabuxeira
Por Redacción
Veciños de Sanxenxo denuncian o estado de abandono no que se atopa a praia da Carabuxeira e culpan á concellería de Turismo do actual goberno municipal de non adoptar medidas para evitar que se convertera nun espazo cheo de rocas.
Os afectados indican nun escrito que en outubro de 2016, o goberno local de Gonzalo Pita en Sanxenxo indicara que se renovaría a sinalización das praias e dos miradoiros de Sanxenxo con información da contorna.
Con todo, meses máis tarde, apuntan que nos paneis e en concreto no do miradoiro Palacios-A Carabuxeira non se fai referencia ao areal da Carabuxeira e os veciños entenden que se oculta polo mal estado que presenta.
Ante esta situación utilizan a ironía e reclaman que no panel figure a seguinte lenda "Visite o desastre ecolóxico na praia da Carabuxeira, a 300 metros, producido polo dique de abrigo do porto deportivo de Sanxenxo. Pódense practicar actividades lúdicas por converterse en rocódromo" y finalizan indicando que os veciños están dispostos a exercer de guías voluntarios.
Relacionadas:
-
Sanxenxo aposta por un proxecto para a praia da Carabuxeira que inclúa unha senda peonil
Por Redacción |
-
En Marea reclama no Parlamento a recuperación da Carabuxeira e o PP responsabiliza ao Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Novos sinais para miradoiros e praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo ve "intolerable" que Portos priorice o dique de Portonovo á rexeneración da Carabuxeira
Por Redacción |