O luns arrancan as obras no colexio Froebel
Por Oskar Viéitez
El lunes arrancan las obras del colegio Froebel, en Pontevedra. Se trata de la primera de las tres fases nas que se van a executar as obras e que suporán un total de cerca de 1,8 millóns de euros. En concreto esta primera fase supone una inversión de 520.000 euros.
O xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, acudiu o colexio para firmala acta de replanteo que supón o inicio das obras de mellora e reforma da cuberta do CEIP Froebel, dando así cumprimento a unha demanda histórica dun centro que é emblema e talismán da capital da provincia.
Aínda que tiñamos previsto iniciar os traballos en setembro, o feito de que se presentaran máis de 50 empresas ao concurso dilatou o mesmo, aínda que aceleramos todos os trámites para que se puideran poñer en marcha o antes posible.
Nesta fase, realizaranse obras relativas á parte da edificación correspondente a entrada dende a rúa Alfonso XIII que abarca a fachada desa rúa e o patio triangular no que se habilitará un ascensor para comunicar as tres plantas deste centro.
Tamén se repararán os acabados e o sistema de recollida de augas nas cubertas e se construirá unha nova no patio coa incorporación duns lucernarios que permitan o paso da luz.
Tamén se demolerá a fachada que da ao patio e substituiranse a iluminación e electricidade das aulas de primaria e de desdobre e o pavimento das aulas.
Reformaremos integralmente a torre de Alfonso XIII coa substitución dos forxados, a colocación dun falso teito e a instalación de iluminación, aportou César Pérez Ares, quen tamén explicou que se construirá un vestíbulo na biblioteca, se reformará a carpintería das ventás e das portas e se instalará o falso teito da biblioteca e da sala de profesores. Ademais, instalarase unha rampla de acceso ao comedor.
Seguridade
Somos conscientes de que a obra se vai desenvolver durante parte do curso pero os nenos poden continuar a dar clase con normalidade, xa que se vai a traballar nas áreas non lectivas como o comedor, a biblioteca ou a zona para o profesorado. Ademais, estará garantida totalmente a seguridade dos mesmos cun control diario por parte dos técnicos da Xefatura Territorial, confirmou o responsable deste departamento.
Pola súa banda, a propia directora do CEIP Froebel, Teresa Couto, agradeceu o arranque destes traballos, destacando que se trata dun centro que ven arrastrando parches nas súas instalacións e que o proxecto actual permitirá reformar zonas que non se tocaron nunca dende a súa creación en 1939, como unha das torres do centro.