Os futuros Matías Prats e Ana Blanco realizan un noticieiro en Praceres
Por Redacción
Cales son as noticias que pasan na parroquia de Lourizán? Que sucede na contorna de Praceres?
Lucía Cortegoso e Pedro Penedo, dous estudantes moi noviños, cóntancho en 'Placeres News' á fronte dun amplo equipo xornalístico.
Con motivo da Semana da Prensa, os estudantes de terceiro curso de Educación Primaria do colexio Sagrado Corazón de Placeres levaron a cabo unha experiencia pouco habitual nos centros de estudo, exercer de xornalistas por un día.
Desta forma, o equipo de informadores realiza conexións desde distintos puntos da parroquia e ofrecen un divertido informativo realizando enquisas a "condutores" e mesmo ofrecendo as últimas noticias de deportes ou as previsións do Tempo.
O sorprendente e elaborado vídeo atópase colgado en Youtube. Quen sabe se estes novos estudantes converteranse algún día nos substitutos de Ana Blanco ou de Matías Prats á fronte dos espazos de información xeral nas principais canles televisivas.
Relacionadas:
-
O Colexio Sagrado Corazón de Praceres vence en todas as categorías dos Premios Ligamats
Por Redacción |
-
O colexio Sagrado Corazón de Praceres acolle o encontro europeo de directores de centros educativos da súa rede
Por Oskar Viéitez |
-
Estudantes de Praceres limpan de eucaliptos o monte de Lourizán
Por Redacción |
-
Alumnos do Sagrado Corazón de Placeres premiados no Rally Matemático
Por Redacción |