Os estudantes de quinto curso do CEIP Carballal reciben una visita 'moi peluda'
O alumnado de quinto curso do CEIP Carballal de Marín recibiu este mércores 15 unha visita moi especial, que se enmarca como parte das actividades que terán os estudantes para a realización dunha curtametraxe sobre o maltrato animal.
Antonio Villanueva, natural de Marín, mestre, músico, fundador e ex-membro do grupo Liorna, e actualmente membro da ONCE debido a que perdeu a visión hai anos, acudiu ao colexio para presentarlles aos cativos o traballo que realiza a súa cadela-guía Dakar.
Antonio contoulles o caso curioso da súa labradora, que malia que os cans da súa raza sóense empregar en labores de salvamento, ela tívolle medo á auga a primeira vez que a levaron á praia, xa que como nacera en Madrid nunca antes vira o mar.
Ademais de coñecer máis da labor dos cans-guía, a visita de Antonio e a súa labradora serviulle ao alumnado para realizar algunha das tomas para esta curta, que se centrará nos cans en particular dentro do marco do maltrato animal.
Relacionadas:
-
O Grove recolle en Madrid o segundo premio "Travel Guau" como mellor destino dog-friendly de España
Por Oskar Viéitez |
-
Premio para "O monstro de cores" do colexio Carballal
Por Oskar Viéitez |
-
Os de sexto do colexio Carballal presentan un proxecto de seguridade viaria
Por Redacción |
-
Os escolares disfrázanse para amosar o mundo que queren
Por Redacción |