A Marea Branca volve á Peregrina en defensa da sanidade pública
Por Redacción
Como cada terceiro sábado do mes, a Marea Branca en defensa da sanidade pública regresou á praza da Peregrina. Resgardados do sol con paraugas, e tras a habitual pancarta contra a privatización, profesionais da sanidade e activistas concrentráronse na súa habitual xornada de protesta.
Como portavoz do colectivo actuou este sábado María Beiras, que sinalou que a convocatoria deste mes segue as liñas xerais das 21 anteriores de reivindicación dunha sanidade 100% e sen perder de vista o seu defensa da necesaria ampliación do Hospital Montecelo e a recuperación dos postos de traballo.
En relación coa situación actual do persoal sanitario en Pontevedra, María Beiras sinalou que se viu "seriamente afectada" porque "xubílase xente e estase contratando pouco e mal". Respecto diso, denuncia que se fan contratos a profesionais por unha duración dun único fin de semana, por semanas e, en todo caso, "contratos moi precarios".
Esta situación das contratacións insiste en que é negativa para os propios profesionais, pero tamén "incide na saúde en xeral" porque os pacentes están a cambiar constantamente de médico, os profesionais non chegan a integrarse nos centros sanitarios e todo "é un problema".
Para conseguir unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, a Marea Branca esixe a derrogación das leis 15/1997, a 16/2012, o artigo 90 da lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución.
Relacionadas:
-
As fachadas da Deputación e o Concello reivindican unha sanidade 100% pública
Por Mónica Patxot |
-
A Marea Branca cre que se manipulan os datos das listaxes de espera nos hospitais de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
A marea branca volverá a Pontevedra o sábado 21 coa mirada posta no colapso de Urxencias
Por Redacción |
-
Que pasou cando Ana Pastor utilizou un caixeiro a dous metros da mesa de recollida de sinaturas contra Elnosa?
Por Anxo Lourido |
-
A Marea Branca considera o Hospital de Monte Carrasco un proxecto obsoleto
Por Anxo Lourido |