Do rescate ao coidado e a adopción: así es o labor solidario dos Palleiros
Por Redacción
Coñecer o traballo da asociación protectora de animais Os Palleiros, pasar un bo intre cos 150 cachorros que teñen nas instalacións da canceira municipal e, de paso, achegar un gran de area para que o colectivo poida seguir adiante co seu traballo. Con este obxectivo achegáronse este sábado decenas de persoas ata Campañó para participar nas xornadas de portas abertas organizadas por Os Palleiros.
A presidente do colectivo, Gloria Cubas, valora de forma moi positiva a xornada, na que recibiron visitantes sen descanso tanto pola mañá -de 11.00 a 13.00 horas- como en horario de tarde -de 16.00 a 19.00 horas- Segundo explicou, "se acercó bastante gente" e tiveron a "oportunidad" de "dar a conocer nuestra labor desde que entra un perro hasta que se facilita la adopción".
O seu labor vai desde o rescate dos animais abandonados aos coidados diarios e, como fin do proceso, a adopcion. Quen respondeu á xornada de portas abertas puideron coñecer os 150 cans que teñen na actualidade nas instalacións á espera da adopción, aos que hai que sumar outros 20 que Os Palleiros ten en casas de acollida, e dos que afrontan os gastos xerados.
Segundo explicou Cubas, os asistentes realizaron percorridos en grupo polas instalacións e, ao terminar, puideron aportar para o sostemento de Os Palleiros comprando no posto instalado á entrada. En canto á recadación, noutras actividades e mercadillos realizadas foi superior, pero "non hai queixas".
Os asistentes "disfrutaron de los cachorros" e tanto pequenos como maiores gozaron do inchable situado nas instalacións para a ocasión, incluídos integrantes da directiva da asociación.
Para este semana a actividade seguirá sendo intensa en Os Palleiros. Este xoves 23 impartirán unha charla para escolares de Primaria do colexio Sagrado Corazón e un grupo de oito alumnos de ESO doutro colexio acudirán á canceira para coñecer o seu traballo.
Relacionadas:
-
Unha árbore 'palleira' moi solidaria
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Concello inviste 17.000 euros na mellora da canceira municipal
Por Redacción |
-
Abandonan con graves feridas un can ao que obrigaban a participar en pelexas
Por Alejandro Espiño |
-
Os Palleiros lanza unha advertencia: xa non ten espazo para un can máis
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Estudantes de Xornalismo colaboran na recollida de doazóns para os cans de Os Palleiros
Por Redacción |
-
Os 'avós' da protectora buscan fogar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Todos desexan ser Kruggy
-
Brutal lanzamento dun can sobre o valado da Protectora de Animais
Por Oskar Viéitez |