A primavera chega inestable, pasada por auga e con descenso das temperaturas
Por Redacción
A primavera chegará ás Rías Baixas en medio dunha situación de inestabilidade meteorolóxica. A entrada da nova estación está prevista para as 11.28 horas deste luns, xusto unha xornada na que se vivirá unha situación de transición, con baixas presións achegándose progresivamente dende o Atlántico norte que deixa pequeno descenso das temperaturas ata mínimas de 7 graos e máximas de 17.
Neste primeiro día de primavera, os ceos estarán parcialmente anubrados e nas derradeiras horas do día prevese a chegada dun sistema frontal que deixará chuvia, segundo as previsións de Meteogalicia.
O descenso das temperaturas continuará de cara a estes martes e mércores, con máximas de 15 e 11 graos, respectivamente; e a mirada deberá estar pendente do ceo, pois este martes as predicións fan agardar chuvias na mañá e a noite e para o mércores as precipitacións serán xa persistentes ao longo de todo o día.
Nas xornadas do xoves e venres as Rías Baixas continuarán nun área atmosférica inestable e con presenza de aire frío polo que previsiblemente continuarán rexistrando chuvascos intermitentes, con neve nas zonas altas e sarabia en cotas máis baixas.
A partir do sábado a zona máis inestable moverase cara ao sur da península polo que lentamente as temperaturas comezarán a recuperarse e as probabilidades de chuvia irán descendendo.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas abónanse á choiva, pero con menos frío
Por Redacción |
-
A primavera comeza pasada por auga e tamén con... sarabia
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
As Rias Baixas despiden o inverno con temperaturas elevadas
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
A inestabilidade do tempo marcará a primeira fin de semana de Entroido
Por Antía Fernández Buján |