Os populares esixen a reforma da rúa da Torre, no barrio do Burgo
Por Redacción
Tras o acordo alcanzado este pasado luns polo pleno municipal para o arranxo das diversas deficiencias que presenta a contorna do Estadio Municipal de Pasarón, os populares esixirán que se inclúa tamén a reforma da rúa da Torre.
A formación que encabeza Jacobo Moreira solicitará formalmente, a través dunha moción que presentaron este martes, a reforma "dunha das zonas máis degradadas da cidade" e que é a única conexión real entre o campus universitario e o barrio do Burgo.
Segundo sinalou nun comunicado o grupo municipal do PP, esta zona non conta nin con desaugadoiros, nin con beirarrúas que faciliten o tránsito aos peóns.
Engaden ademais que o firme atópase en moi mal estado con numerosas fochancas, os colectores son vellos e están mal situados. A ausencia de puntos de luz é outro dos numerosos problemas que recollen os populares.