Os colexios de Poio reforzan a educación en valores
Por Oskar Viéitez
Un grupo de alumnos do CEIP Chancelas prantaron este martes unha veintena de árbores autóctonas nos terreos da comunidade de montes Rega dos Agros próximos á canceira municipal. Deste xeito, ademáis de celebrar a Día da árbore os rapaces tiveron ocasión de coñecer e sacarse fotos con algúns dos cans abandoados e recollidos polo concello, gracias á colaboración dos voluntarios da asociación Amig@s da Canceira de Poio, para fomentar as adopcións.
O concelleiro Xosé Anxo Lodeiro Cancela aproveitou para recordarlle ós pequenos a responsabilidade que se adquire cando se é posuidor dun can, incidindo sobre a lacra dos abandonos dos animais cando estes crecen ou deixan de ser útiles para actividades como a caza.
IGUALDADE
Este martes tamén deron comezo os obradoiros de igualdade no colexio Isidora Riestra dirixidos aos alumnos de primaria. Este programa nace da necesidade de facer reflexionar ás persoas que conformarán a nosa futura sociedade sobre a desigualdade e a discriminación que unha parte da mesma sofre, polo simple feito de ter nacido cun sexo determinado.
Nas actividades traballan a imaxe que o construtor social de xénero outorga dende a infancia e o poder dos contos e os audiovisuais para a infancia, xogan coa imaxe das mulleres a través da linguaxe común (insultos recorrentes cara as mulleres ou atribución de características do xénero feminino de forma despectiva...), e xogan con anuncios para reflexionar sobre a publicidade machista, recoñecendo situacións de desigualdade no día a día.
Os próximos obradoiros serán no CEIP Espedregada o 23 de marzo dirixido ao alumnado de infantil, no de Lourido o 27 dirixido a 2º de primaria, no de Viñas o 29 dirixido a 1º e 2º de primaria e no CEIP de Chancelas o 31 de marzo dirixido aos de 1º de primaria.
Relacionadas:
-
O Concello organiza obradoiros con cans para alumnos de Primaria
Por Redacción |
-
Denuncian aglomeración de escolares no último curso de Educación Infantil no CEIP Chancelas
Por Redacción |
-
Reclaman ao Concello de Poio melloras no colexio de Chancelas
Por Redacción |
-
Reclaman un laceiro para recoller os cans abandonados nas rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Poio reclama a Educación a retirada "inmediata" do amianto no colexio de Viñas
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO: "Des-pa-ci-to" soa na Seca e hoxe non hai verbena
Por Oskar Viéitez |