O Galo Fodorico despide mes e pico de Entroido en Poio
Por Diego Torrado
O lume puxo fin este sábado ao Galo Fodorico e con el a máis dun mes e pico de Entroido no municipio de Poio.
O galo, radicalizado nos últimos tempos ata converterse nun extremista antisistema, foi acompañado ata a pira funeraria por un cortexo fúnebre que partiu nunha animada marcha desde a Praza do Mosteiro ata a Praza de Arís.
O séquito estivo conformado polas comparsas poienses Canecos, Os 100 tolos e Priscila Raíña de Samieira, así como outras de Marín, Monte Porreiro, Arcade e Bora.
A música do Trío Azabache amenizou a festa.
Relacionadas:
-
E alá se foi tamén o Mexillón de Combarro. O Entroido de Poio entra na recta final
Por Diego Torrado |
-
Continúa en Samieira a rolda de despedidas e enterros do Entroido de Poio
Por Diego Torrado |
-
Lourido enterra ao seu berberecho e Poio empeza a despedir o entroido
Por Diego Espiño |
-
Poio retoma o Entroido, despois do mal tempo, cunha gran variedade de actividades
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
O PP cre que o entroido de Poio "está a morrer lentamente"
Por Redacción |
-
A chuvia obriga a buscar novas datas nos entroidos de Poio e Sanxenxo
Por Redacción |
-
Bota a andar un mes de Entroido en Poio. Consulta os gañadores do desfile
Por Diego Torrado |
-
Poio prepárase para un mes de Entroido con catro enterros e un gran desfile
Por Anxo Lourido |