Folga de cinco días en ENCE polos despedimentos
Por Redacción
Os traballadores de Ence irán á folga durante cinco días, do 21 ao 26 de marzo, ante os plans da pastera de despedir 144 empregados, 39 deles na fábrica de Lourizán.
A negociación entre empresa e comité non rexistrou avances, motivo polo que os sindicatos decidiron formalizar os paros, que poderían desenvocar ademais nunha folga indefinida a partir do 1 de abril.
Todos os centros de Ence en España: Navia, Huelva, Lourizán e oficinas centrais, están chamados a secundar a protesta, que debe ser referendada en asemblea polos traballadores.
Os sindicatos critican duramente a argumentación da empresa para aplicar un ERE extintivo despois de obter 43 millóns de euros de beneficios netos o pasado ano, un balance de non se realizar a regulación, segundo Ence, podería desenvocar nunhas perdas de 8,5 millóns en 2013.
Relacionadas:
-
ENCE retira o ERE e os sindicatos desconvocan a folga
Por Redacción |
-
ÿltimo cartucho para os traballadores de ENCE antes de iniciar a folga
Por Redacción |
-
O comité de empresa de ENCE elabora un informe en que cualifica o ERE de inviable
Por Redacción |
-
ENCE propón o despedimento de 39 traballadores da fábrica de Lourizán
Por Alejandro Espiño |