Salvar vidas, a nova materia do CEIP Carballal
Desde o ano pasado o CEIP Carballal, na piscina municipal de Marín, realiza unha actividade dedicada a ensinar primeiros auxilios e salvamento acuático. Os alumnos de sexto de primaria son os beneficiados desta actividade, debido a que teñen unha hora menos lectiva de relixión en comparación ao resto de cursos. Por este motivo a Xunta decidiu desenvolver unha hora á semana de libre configuración.
Dous profesores ofrecéronse voluntarios para impartir outra materia. Unha docente é Paloma Pazos, formada para impartir clases de salvamento acuático e primeiros auxilios. Ademais afirma que "Quero que aprendan as técnicas básicas de salvamento acuático e primeiros auxilios". Por outra banda, consideran que grazas á proximidade da costa, os alumnos poden chegar a poñer en práctica todo o aprendido.
A actividade é totalmente gratuíta grazas ás subvencións procedentes do concello e a piscina municipal proporciona todo o material necesario, menos os maniquíes de salvamento. Os alumnos márchanse ás 12:15 e regresan ás 13:40 horas. Para que lles de tempo de formalizar a actividade, aproveitan unha sesión de educación física, vinte minutos do plan lector e 15 minutos do recreo.
Por outra banda, é unha actividade obrigatoria para os alumnos, sendo avaliable e formando parte do expediente, cun valor do 30% da nota de educación física.
Relacionadas:
-
RADIO.- Unha guía de primeiros auxilios nas Conversas na Ferrería
Por Marisa Ciordia |
-
Premio para "O monstro de cores" do colexio Carballal
Por Oskar Viéitez |
-
Os mestres do conservatorio aprenden primeiros auxilios
Por Redacción |
-
Empezan en Bueu as escolas de familias e os obradoiros para maiores
Por Redacción |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |