As mesas contra a violencia de xénero de 26 concellos intercambian boas prácticas
Por Redacción
As mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero de 26 concellos da provincia e da Mancomunidade do Salnés activáronse este venres a través dunha reunión para o intercambio de boas prácticas celebrada na delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Segundo informou a administración autonómica a través dun comunicado, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu o encontro, co que a Xunta busca seguir avanzando na definición dun modelo de traballo práctico e eficaz para as mesas locais.
Estes traballos arrancaron en 2015 coa publicación e divulgación da guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC), unha ferramenta de apoio que contribúe á mellora da coordinación entre todas as institucións que traballan en contra da violencia machista.
Xa en 2016 a Xunta iniciou a segunda fase deste proxecto. Avanzou na busca de modelos e ferramentas de traballo conxunto para as mesas locais e fortaleceu a colaboración institucional a través da rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
Os traballos comezaron no último trimestre do ano pasado, cunha diagnose global sobre a situación das mesas e continúan agora, con esta serie de encontros de intercambio de boas prácticas.
Relacionadas:
-
79 vítimas de violencia de xénero están baixo vixilancia policial en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Todo preparado para o comezo da Escola Pública de Igualdade María Vinyals
Por Redacción |
-
Concello e Garda Civil colaboran para ofrecer unha pernoctación a mulleres en caso de emerxencia
Por Redacción |
-
Pontevedra analiza os novos retos da Xustiza contra a violencia de xénero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Mesa sobre a violencia de xénero constatou o retroceso das proteccións das vítimas
Por Redacción |