Marín asume un plan de servizos sociais por máis de 600.000 euros
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín solicitou a Política Social, dentro do Plan Concertado 2017, unha subvención para financiar o plan de servizos sociais comunitarios básicos e especializados de 357.247,34 euros.
O plan está orzamentado nun total de 614.683,69 euros e inclúe o servizo de axuda no fogar (modalidades básica e dependencia) servizos e programas especializados en materia de atención psicosocial e envellecemento activo (ximnasia, recuperación das tradicións, taller de memoria, saúde e lecer, e viaxes culturais).
Ademais inclúense as axudas á dependencia, á discapacidade, programas de inclusión social (urxencia social, primeira acollida e autoimagen e estética), área de atención á infancia (apoio á escolarización e socialización comunitaria).
A proposta tamén inclúe un apartado dedicado ao persoal.