Caldas e Cuntis acollen un encontro internacional de vilas termais
Por Redacción
Os concellos de Caldas de Reis e Cuntis acollen este venres e o sábado a duodécima edición do Encontro de Vilas Termais, organizada pola Xunta de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Deputación de Pontevedra.
Nas xornadas, nas que estarán presentes representantes de institucións públicas e vilas termais a nivel galego, estatal e internacional, con presenza de autoridades portuguesas e tamén de profesionais ligados ao termalismo, farase fincapé en aspectos como a necesidade da internacionalización dun sector que precisa a alianza entre as institucións públicas e o sector privado para a súa correcta promoción.
O turismo termal leva en alza dende o ano 2011, crecendo en Galicia un 40% en 2016 e con Pontevedra, a segunda provincia con máis recursos termais unicamente por detrás de Barcelona, tamén dentro desta tendencia.
Durante o encontro, as persoas asistentes coñecerán algúns dos recursos naturais e patrimoniais máis importantes da provincia de Pontevedra, como os xardíns do castelo de Soutomaior, o xacemento arqueolóxico da Lanzada ou os cascos históricos de Combarro, en Poio, e Pontevedra.
Ademais, o sábado terá lugar a Asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais onde, entre outros asuntos, se escollerá a súa nova xunta directiva.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman desde Caldas un plan de turismo termal á Xunta
Por Redacción |
-
O alcalde de Cuntis propón reenfocar e mellorar o programa de termalismo do IMSERSO
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis pecha a burga Lume de Deus
Por Redacción |
-
As vilas termais reclaman unha nova normativa "adaptada as súas necesidades"
Por Oskar Viéitez |
-
4.286 maiores da provincia participaron este ano no programa Depotermal
Por Redacción |
-
O programa de balnearios ábrese ás persoas sen recursos
Por Oskar Viéitez |