O Concello de Sanxenxo négase de maneira rotunda a instalar colectores soterrados en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo e o concelleiro de Urbanismo mantiveron este venres unha reunión coa plataforma de Luís Rocafort na que expuxeron a súa rotunda negativa a instalar colectores soterrados nesta rúa, posto que o mantemento destas instalacións ten un elevado custo para as arcas municipais, o que está a levar a numerosos municipios de Galicia a exporse opcións alternativas.
Aínda que está petición foi rexeitada o alcalde informou os veciños que o proxecto recollerá o 60% das súas peticións.
Ademais o rexedor e o edil reiteráronlles que o número de prazas de aparcadoiro que quedarán nesta avenida tras a reforma é de 100.
Durante o encontro, algún dos representantes deste colectivo insistiu en que o proxecto non deixará máis de 50 prazas, "un dato sen fundamento que está a contribuír a confundir á opinión pública e á oposición", dixeron desde o goberno local.
O proxecto de actuación na avenida Luís Rocafort recollerá outras demandas como a habilitación de zonas de carga e descarga e o estacionamento para discapacitados. Tamén se recollen cuestións con contemplar o acceso ao PEI 13.
Relacionadas:
-
A primeira fase das obras de Luis Rocafort remata o mércores 21
Por Redacción |
-
Medio Ambiente repara os colectores soterrados
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación e Sanxenxo botan un pulso polos aparcadoiros en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez |
-
O PP di que a Deputación "non ten todos os terreos cedidos" na avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Pita asumirá un cambio en Luís Rocafort se é "sensato, viable tecnicamente e coherente"
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición forza ao tripartito de Sanxenxo a pedir cambios en Luís Rocafort
Por Oskar Viéitez |