Aproban medio millón de euros do Plan Concellos para Marín e Portas
Por Redacción
Case 500.000 euros vén de aprobar a Xunta de Goberno da Deputación dentro da liña reservada para investimentos dentro do Plan Concellos. Os seus destinatarios serán os municipios de Marín e Portas.
A través deste plan provincial, Marín recibirá 237.153,03 euros para a humanización da rúa Concepción Arenal entre a rúa Jaime Janer e a rúa Roda.
En concreto, o proxecto consiste na repavimentación, ancheamento das beirarrúas, reordenación dos aparcamentos, instalación de mobiliario e luminarias, así como a renovación íntegra dos servizos de saneamento, alumeado e rego para xardineiras.
Deste xeito, a contía total das subvencións recibidas por Marín a través do Plan Concellos ascenden a 466.918,73 euros, o que supón o 44,46% do que lle corresponde á vila neste 2017, e que permitiron a pavimentación da rúa Recamán, así como a contratación de 24 persoas.
Pola súa banda, a achega de 212.789,19 euros para Portas servirá para a instalación dunha depuradora de leito bacteriano no lugar de Estación.
Os traballos consistirán na roza, limpeza e acceso ao predio, así como na execución dun muro de contención e recheo que permita dispor a plataforma da depuradora, e estruturas para asentar as unidades de tratamento, os pozos, o decantador, leito bacteriano, clarificador e arquetas, así como o bombeo de entrada, difusor, urbanización interior e muro de peche.
Con esta última subvención aprobada, as axudas destinadas a Portas a través do Plan Concellos é xa de 351.776,81 euros, un 95% dos investimentos previstos para esta vila en 2017, que serviron para a amortización da débeda do concello e para a contratación de 10 persoas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, remarcou a importancia deste plan que permite aos concellos desenvolver proxectos que sen estas axudas non serían posibles de subvencionar.
Relacionadas:
-
Axuda de 200.000 euros da Deputación a Marín para realizar diversas melloras
Por Redacción |
-
O goberno provincial presenta o reparto de máis axudas do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Tapar gretas e quitar malas herbas
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de humanización esténdense a outro tramo da rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín recibe unha achega do Plan Concellos para pavimentar a rúa Recamán
Por Redacción |
-
Marín destinará case 85.000 euros para pavimentar camiños rurais
Por Redacción |
-
Portas pide cartos á Deputación para afrontar as débedas do concello
Por Oskar Viéitez |