Os eucaliptos do castelo de Soutomaior teñen as horas contadas, comezou a talla
Por Redacción
Este martes deu comezo a talla dos máis de 300 eucaliptos que se atopan espallados por todo o terreo da finca do castelo de Soutomaior.
Trátase de arredor de 333 árbores que, ata hoxe, estaban localizadas nas máis de 25 hectáreas de explotación forestal que integran o complexo, e cuxa retirada foi aprobada polo goberno provincial por razóns de protección medioambiental e beleza paisaxística.
Para o comezo dos traballos foi preciso que o solo onde se atopan as árbores estivese moi seco, razón que fixo necesario ter que agardar a que o bo tempo se prolongase durante varios días. De xeito contrario, a maquinaria tería labrado moito os terreos e iso levaría consigo consecuencias negativas para o solo.
A partir deste momento a empresa adxudicataria (Díaz y Buceta, S.L., que ofreceu un importe de 34,24 euros por tonelada de madeira) terá un prazo de, como máximo, dúas semanas para proceder á tala de todos os exemplares de eucalipto da finca.
A empresa poderá aproveitar todas as pezas resultantes da tala cun diámetro igual ou superior aos sete centímetros e, aquelas que non cheguen a estas medidas, serán destinadas á elaboración de compostaxe.
Relacionadas:
-
O Grove xa é municipio libre de eucaliptos
Por Redacción |
-
Anova Terra culpa a Xunta de deixar que Ence marque a política forestal espallando o eucalipto
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bueu aproba unha moción para reducir o eucalipto nos montes
Por Redacción |
-
A Deputación tallará os 333 eucaliptos da leira do Castelo de Soutomaior
Por Oskar Viéitez |
-
Piden a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras
Por Oskar Viéitez |
-
O souto máis extenso da provincia estará en Campañó
Por Alejandro Espiño |
-
En Valdecorvos só haberá árbores autóctonas
Por Redacción |
-
En setembro retomarase o proxecto do parque forestal da Fracha
Por Redacción |