O Capital Shopping ponse a pé de rúa con accións imaxinativas para promover o comercio local
Por Redacción
31 comercios das rúas Michelena e Peregrina participarán o vindeiro sábado 22 de abril nunha actividade que se encadra dentro do Capital Shopping do Concello de Pontevedra cunha nova iniciativa, 'A pé de rúa', unha proposta que presentaba a concelleira de Promoción Económica Anabel Gulías este mércores.
Nesta proposta o 60% dos comercios destas rúas participan nesta actividade, o 75% indicou a concelleira se non se contan as multinacionais. Estes locais realizarán descontos de entre o 10 e o 20 % dalgúns dos seus produtos e algúns dos establecementos mesmo ofrecerán rebaixas de ata o 50% en segundas adquisicións.
Durante esa xornada desenvolverase unha intervención artística ao mediodía con venda de accións creativas sen intercambio de diñeiro, segundo explicaron as organizadoras María Rey e Bea Mazaira. A continuación, o cantante Adrián Costa ofrecerá un concerto e desenvolveranse dous obradoiros infantís en Daniel da Sota e na Peregrina. As actividades finalizarán cunha proxección no escaparate de Mafari.
O 20 de maio, a campaña desenvolverase nas galerías Oliva; o 27 de maio, os salóns de peiteado sairán á rúa e o 3 de xuño, o protagonismo será para a rúa Cruz Gallástegui.
En setembro retomarase esta iniciativa que, segundo apuntaba a concelleira Anabel Gulías, busca visibilizar a actividade comercial de Pontevedra. Conta cun orzamento de 24.060 euros.
Relacionadas:
-
Os salóns de peiteado de Pontevedra "rizan o rizo" e sacan os seus negocios "a pé de rúa"
Por Alejandro Espiño |
-
A Pé de Rúa chega ás galerías da Oliva con descontos, obradoiros, roteiro e degustacións
Por Redacción |
-
O Capital Shopping saca 31 comercios á rúa con descontos e actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
Sete de cada dez empresas que traballan para Promoción Económica son de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A Verdura vístese de pasarela de moda nunha nova xornada de Capital Shopping
Por Redacción |
-
A proposta de 'Pontevedra Capital Shopping' adéntrase no Mercado de abastos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |