Benvidos ao espectacular mundo do cerebro
Por Redacción
350 estudantes participaron durante este venres 15 no espectáculo de ciencia denominado 'O cerebro. 15 W de potencia' que se desenvolveu no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia.
A sesión estivo dirixida a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos co obxectivo de que, durante 50 minutos, os mozos participen en experiencias espectaculares que permiten "engachalos" aos conceptos científico-tecnolóxicos. Nesta ocasión, os estudantes exploraron o cerebro. Mediante xogos sensoriais e experiencias sorprendentes que permitiron descubrir algúns dos segredos que esconde a nosa mente. Desta forma, entre outras actividades, puideron controlar un xogo mediante a concentración, descifrar os enganos das ilusións ópticas e coñecer como funcionan os receptores do sabor.
Esta montaxe está organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e a Fundación Barrié co apoio da Consellería de Industria.