Os técnicos empezan a traballar no proxecto da Vía Verde Vilagarcía-Caldas-Portas
Por Redacción
Os técnicos da Fundación de Ferrocarriles Españoles, propietaria da marca 'Vías Verdes', xa están a traballar no proxecto da Vía Verde Vilagarcía-Caldas-Portas para mellorar os 12 quilómetros do vello trazado do ferrocarril, seguindo a folla de ruta fixada nunha reunión na pasada edición da feira de turismo Fitur en Madrid.
A previsión é que o proxecto técnico da Vía Verde estará concluído antes do verán. Será entonces cando se coñeza o presuposto real das obras a realizar, ao que hai que sumar os accesos á propia Vía Verde, unha parte da actuación que a fundación xa comezou a estudar despois da visita aos tres concellos implicados.
O custe por quilómetro estímase entre 35.000 e 50.000, dependendo das características do terreo e das intervencións a realizar, por exemplo, no caso da ponte de ferro.
Segundo informou o Concello de Vilagarcía a través dun comunicado, os técnicos comezaron esta semana os traballos de campo para a elaboración do proxecto e o xefe de proxectos da Xerencia de Patrimonio e Turismo Ferroviario da Fundación, Maximiliano Cuevas Díaz, percorreu o futuro trazado palmo a palmo.
O Concello recolle que Maximiliano Cuevas confesou que a antiga vía do ferrocaril "superou con moito as expectativas", que se crearon en base ao estudo previo sobre planos realizado nos últimos meses e destacou fitos como o pazo de Rubiáns, a Azucreira de Portas ou a ponte de ferro sobre o río Umia, que se atopa en moi bo estado de conservación, segundo a súa valoración. Cuevas Díaz e os técnicos auxiliares visitarán a zona de novo en breve.
O proxecto calcúlase que terá un orzamento de entre 420.000 e 600.000 euros. Para afrontalo, os tres concellos farán achegas de fondos propios e negociarán con outras administracións provincial, autonómica, estatal e mesmo europea, a través de fondos Feder, para que se sumen a este proxecto.
Polas experiencias da Fundación de Ferrocarriles Españoles, o retorno económico da posta en marcha deste proxecto de turismo verde, sostible e accesible é moi superior ao investimento realizado.
Relacionadas:
-
Medio Ambiente colaborará na vía verde ferroviaria que unirá Portas, Caldas e Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas concretan os trámites para executar a Vía Verde do Salnés
Por Redacción |
-
O Adif desafecta a vella liña do tren entre Vilagarcía e Caldas
Por Redacción |
-
Salva o Tren alerta de que a Vía Verde supón "aniquilar" o desenvolvemento das comunicacións ferroviarias da comarca
Por Redacción |
-
Fomento informa de xeito favorable á Vía Verde na antiga liña do ferrocarril entre Vilagarcía e Portas
Por Redacción |