Pontevedra repartirá trampas contra a avespa asiática
Por Redacción
A loita contra a avespa asiática será unha prioridade despois da Semana Santa. O Concello de Pontevedra repartirá trampas para frear o avance desta especie no municipio, un traballo que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural.
Estas trampas serán entregadas a partir do martes 18 de abril.
A Asociación Galega de Apicultores e as comunidades de montes de Pontevedra colaborarán na campaña e os produtores poden pedir información directa a través do correo medionatural@pontevedra.eu ou no teléfono 986 80 43 00, extensións 7583 e 7584.
As trampas teñen como obxectivo ás raíñas coa fin de que non constrúan novos niños no municipio e se poida frear o seu avance.
A avespa asiática, tamén coñecida como vespa velutina, destrúe as colmeas e xera un grave prexuízo ao sector da apicultura, pero tamén causas graves danos ás froiteiras.