A reforma da Escola de Nenas de Caroi vai a bo ritmo
Por Redacción
Segundo informan desde o Concello de Cotobade as obras que se están a levar a cabo na Escola de Nenas de Caroi van a un bo ritmo e están a piques de rematar.
Gran parte das obras están xa realizadas a falta de detalles menores de tal xeito que esta instalación esté en condicións optimas para a realización de actividades polos veciños de Caroi.
Esta reforma, realizada a través dos proxectos dinamizadores do rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), contou cun orzamento de execución material final de 42.408 euros.