Comisiones Obreras denuncia a falta de recursos e de personal da Policía Local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O secretario de organización de Comisións Obreiras na comarca de Pontevedra, Xosé Luis García Pedrosa, vén de criticar que as dependencias e os medios para desenvolver a actividade da Policía Local de Sanxenxo "parécense máis a un país tercermundista que a un concello punteiro na actividade turística".
Entre outras carencias citou que as oficinas están obsoletas, os ordenadores son moi anticuados, a fotocopiadora está estropeada e sen arrancar dende o mes de xuño do 2016, as impresoras non teñen tóner e ademais non funcionan. E engadiu que os vehículos de patrulla "si fosen propiedade dun particular difícilmente pasarían a revisión da ITV".
García Pedrosa di que "a desidia imperante" no que respecta ó coidado dos bens e medios materiais da Policía Local ten o seu "máximo expoñente" ao non habilitar como apacadoiro un local de 300 metros cadrados que se atopa anexo ás oficinas da Policía, e que "impediría que os vehículos estivesen permanentemente á intemperie".
Dende Comisións Obreiras consideran que o goberno municipal "non se preocupa de dar un bon servicio á cidadanía" porque dispón de 4 prazas vacantes de axentes da Policía Local, que non saen á Oferta Pública de Emprego, "ou se empreguen outros métodos para a súa cobertura provisional, co que se obriga a realización de patrullas unipersonais ordenadas polos mandos, vulnerando o dereito á propia seguridade dos membros da Policía Local, no que colabora, por acción e/ou omisión o Inspector Xefe da Policía Local".
Finalmente García Pedrosa critica que o goberno municipal si teña recursos para a instalación dun sistema de ficheiro dixital para o personal, para a instalación de cámaras de video vixiancia no interior e no exterior das dependencias policiais e para dotar a tódolos axentes municipais de PDA, "que non ten por obxectivo mellorar a eficacia do servizo, senón mellorar á eficacia na imposición de multas ós veciños e visitantes".
Relacionadas:
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |
-
Buscas traballo para este verán? Sanxenxo ofrece 24 prazas de auxiliar de Policía Local
Por Redacción |
-
Os policías locais de Sanxenxo poñerán multas "a toda máquina"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo reclama máis presenza policial en Semana Santa e o verán
Por Redacción |