O novo xeneral da Brilat destaca o "buen clima" de colaboración co Concello
Por Alejandro Espiño
Tras asumir recentemente o mando da Brilat, ao xeneral Antonio Romero Losada tócalle agora realizar os primeiros contactos coas institucións da cidade para presentarse formalmente. Unha destas reunións iniciais foi co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, con quen se entrevistou este martes.
O xeneral xefe da Brilat destacou o "buen clima" de colaboración que nota entre a brigada e o Concello, unha relación que é "muy importante" para ambas as administracións. Tanto que, sinalou, esta primeira toma de contacto "no podía ser más positiva".
Fernández Lores, pola súa banda, tamén celebrou a relación de "respeto mutuo" entre as dúas partes e agradeceu a colaboración da Brilat cos diferentes eventos deportivos e culturais que se celebran na cidade e na que os soldados participan como voluntarios, unha tarefa "imprescindible", dixo.
"Esperemos que estea a gusto en Pontevedra", desexoulle o alcalde.
Nesta rolda de entrevistas, Romero Losada tamén acudiu este martes á comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Acompañado do coronel Herráez, xefe do rexemento Isabel a Católica, foi recibido por unha representación dos mandos do instituto armado na cidade, á fronte dos cales estaba o coronel Miguel Estérez, xefe da comandancia pontevedresa.
Relacionadas:
-
O xeneral xefe da Brilat, membro de honra dos Mareantes
Por Mónica Patxot |
-
"Os pontevedreses senten a Brilat como algo que forma parte de Pontevedra, gústenlle máis ou menos os militares"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Día das Forzas Armadas tamén chegará á Alameda cunha exposición de material da Brilat
Por Natalia Puga |
-
Antonio Romero asume o mando da Brilat, "una de las mejores grandes unidades del Ejército"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xeneral Cebrián despídese da Brilat: "No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O ex xefe da Lexión Antonio Romero substituirá ao xeneral Cebrián á fronte da Brilat
Por Natalia Puga | Creada e actualizada