Vai elaborarse un plan para deseñar itinerarios ciclistas na provincia
Por Redacción
O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciaba este mércores a redacción dun plan provincial de vías ciclistas tras manter o primeiro encontro da Mesa Provincial pola Bicicleta.
Neste plan buscaranse as zonas máis propensas para poder deseñar itinerarios ciclistas de forma que non se realicen actuacións illadas e todo se desenvolva de maneira coordinada e planificada.
Segundo o goberno da Deputación, o plan acometerá unha análise territorial, para estudar as zonas máis adecuadas e funcionais para deseñar este tipo de itinerarios, atendendo a cuestións técnicas como as pendentes, e que inclúan todo tipo de infraestruturas viarias, á marxe de quen sexa titular das estradas.
Na Mesa Provincial pola Bicicleta teñen representación colectivos de usuarios da bicicleta e as administracións con competencias en materia de infraestruturas viarias. Estes encontros realizaranse tres ou catro veces ao ano. Con esta proposta quérense buscar deseños desde o punto de vista dos vehículos non motorizados, ao contrario do que se fai habitualmente.
Neste primeiro encontro tamén tratouse a demanda dun plan de seguridade viaria e o fomento da educación viaria. Tamén propúxose definir o trazado para a rede Eurovelo, unha rede europea para rutas ciclistas na que non se inclúe actualmente a Galicia.