O PP alerta do limbo no que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra alerta da "comprometida situación" na que, ao seu xuízo, queda o Servizo de Axuda no Fogar, tras vencer unha primeira prórroga do contrato con Clece sen que o goberno municipal "fose capaz, unha vez máis, de licitar un contrato de servizos".
Os populares informaron de que o pasado mes de xaneiro a empresa encargada de levar a cabo estes servizos remitiu un escrito no que renunciaba de xeito expreso a iniciar unha nova prórroga do contrato, que finalizou o pasado 25 de abril.
A pesar diso, está anunciada para a Xunta de Goberno do próximo martes a aprobación dunha segunda prórroga. "Descoñecemos en qué termos se vai producir xa que a empresa Clece alegou no seu escrito razóns de puro índole económico", desvelou a concelleira popular, María José Rodríguez.
A pesar de coñecer esta situación dende fai xa case catro meses e de saber dende o 2011 a data de caducidade do actual contrato, "o goberno de Lores non foi capaz de sacar adiante a licitación dun novo", di a edil do PP.
"Esta é a política social do BNG de Lores", lamentou Rodríguez Teso, "son incapaces de xestionar os asuntos máis básicos dun concello e as prórrogas de contratos son a súa forma de traballar".
"O Servizo de Axuda no Fogar pende dun fío", concluíu.
Relacionadas:
-
Sacan a concurso o servizo de axuda no fogar coa previsión de aumentar o número de beneficiarios
Por Natalia Puga |
-
Clece seguirá seis meses co servizo de ayuda no fogar, á espera do novo contrato
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns denuncia a prórroga á empresa encargada do Servizo de Axuda ao Fogar
-
Os populares esixen ao goberno local que supervise ás empresas adxudicatarias
Por Redacción |