O Teatro Principal grita: Viva Fidel!
Por Redacción & Cristina Saiz
O público encheu este sábado o salón de butacas do Teatro Principal para homenaxear con música, poesía, vídeo e intervencións políticas ao histórico comandante cubano Fidel Castro.
O acto estivo organizado pola Asociación Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil como un acto de recordo do líder histórico da Revolución Cubana.
Conducidos pola actriz Mónica Camaño polo escenario pasaron os poetas Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo "Pipas", Celso Parada e Luz Fandiño. Tamén os músicos Tino Baz, Mini e Mero e Uxía Senlle.
A homenaxe tamén contou coas intervencións da alcaldesa en funcións de Pontevedra, Carme da Silva; o cónsul de Cuba, Jose Antonio Solaina; o presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Valentín Alvite.