Éxito en Marcón coa Festa da Fabada
Por Cristina Saiz
Quen dixo que aos nenos non lles gusta a fabada? Desde logo non aos que acudiron este mediodía a Marcón que deron boa conta das cazolas preparadas polo cociñeiro Rubén García. A organización preparou para eles racións de paella pensando que as fabas non lles ían a facer graza.
Con gran éxito celebrouse esta luns 1 de maio a XI Festa da Fabada. Trátase dun evento nado, do mesmo xeito que outras iniciativas similares no municipio, para recadar diñeiro para o mantemento do club Marcón Atlético, que milita en Primeira Autonómica e que este ano pelexa por ascender a Preferente.
A carpa instalada no campo da festa, xunto á casa parroquial de Marcón, rexistrou colas de comensais á espera da súa ración de fabada ao prezo de 8 euros.
"Tamén estaba boa a paella", comentaron aqueles asistentes que a probaron.
Relacionadas:
-
"Despois de manifestarse o día do traballo, a comer fabada a Marcón!"
Por Natalia Puga & Nacho Fuentes |
-
Fabada e fútbol, éxito asegurado en Marcón
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Marcón pon o menú para este 1 de maio: fabada e paella
-
A fabada de Marcón chega este ano acompañada de paella
Por Alejandro Espiño |
-
Non hai fabada como a de Marcón
Por Alejandro Espiño |